José Carou recibiu o XLIV Premio Modesto R. Figueiredo

Bibiana García Soto e Miguel Anxo Martínez Oubiña obtiveron cadanseu accésit

29/1/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

Galardoados no XLIV Premo Modesto R. Figueiredo. Fonte: Facebook do Concello de Mazaricos.

A Casa da Cultura de Mazaricos acolleu a pasada fin de semana a gala de entrega dos galardóns do XLIV premio de relato curto Modesto Rodríguez Figueiredo. O rianxeiro José Carou foi o vencedor nesta xeira co seu traballo Afán e infortunio dos días estragados co que se impuxo entre as 57 narracións que se recibiron no certame. Canda a el conseguiron accésits neste certame Bibiana García Soto e Miguel Anxo Martínez Oubiña, que recibiron cadanseus 400 euros mentres o gañador obtivo un premio de 1.000.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O xurado do galardón estivo composto por Ariadna Fernández, gañadora da edición do ano pasado, X.R. Fandiño Vega, David Otero, Luís Menéndez, Baldomero Iglesias Dobarro e o escritor mazaricán Silvestre Gómez Xurxo.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con José Carou, Casa da Cultura, Mazaricos, David Otero...