Lugo dálle o nome de Isidro Novo á súa biblioteca municipal

Un libro compila artigos e creacións na honra do escritor falecido hai un ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lugo dálle o nome de Isidro Novo á súa biblioteca municipal

Logo da homenaxe que se lle tributou o pasado mes de novembro, Lugo lembra de novo a Isidro Novo cando se fai un ano do seu falecemento. O vindeiro 1 de febreiro celebrarase a partir das 19 horas un acto no que se lle dará o nome do escritor á biblioteca municipal da Cidade da Muralla. Ademais, no evento presentarase o libro Isidro Novo (1951 -2018), unha obra que compila as intervencións que se desenvolveron nos actos do pasado 3 de novembro. Estudos e análises sobre a vida e o labor de Novo, creacións literarias e artísticas de 65 persoas sobre o autor, retratos e unha bibliografía encol do homenaxeado completan esta obra que abrangue 260 páxinas.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Isidro Novo, Lugo, Cidade da Muralla

Claves

Protagonistas