Xulio Carballo (A Coruña, 1978), doutorouse no ano 2015 coa primeira tese sobre banda deseñada galega e no ano 2016 comisariou a exposición BDG 70: a revolta do cómic galego para a Sala Normal da UDC. El asina agora este volume, Os pioneiros da banda deseñada galega. 1971-1979, que ven de sacar Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Obras de Referencia, no que se fai un repaso exhaustivo dun dos perÃodos históricos da creación de banda deseñada en Galicia, a década dos 70, restrinxido o ensaio ao acontecido entre os anos 1971 e 1979 coincidindo cos convulsos últimos anos do réxime ditatorial e os primeiros da democracia e no que se contempla "un novo alborexar no eido da arte galega coa irrupción da banda deseñada", segundo se di no libro. Xulio Carballo fai un exhaustivo percorrido histórico polo inicio, consciente, da nosa banda deseñada, galega e en galego. En Os pioneiros da banda deseñada galega. 1971-1979 percórrense e contextualÃzanse desde os xermolos da BDG contemporánea con Raimundo Patiño (A Coruña 1936-1985) como figura destacada formando parte do grupo multidisciplinar Brais Pinto primeiro e influÃndo na creación do Grupo de Cómic do castro posteriormente. Carballo dá conta das achegas de outras moitas figuras imprescindibles para comprender o momento, como XaquÃn MarÃn, Xosé DÃaz, Chichi Campos, Ulises L. Sarry, Pepe carreiro, Xosé Lois González e outro moitos e a importancia dada á banda deseñada nese perÃodo. O libro, de 341 páxinas, compleméntase cun anexo a descargar que ofrece a posibilidade de ver as ilustracións usadas no volume pero xa a toda cor, como foron creadas.