A Cidade da Cultura inicia o ciclo Diálogos ao redor de Castelao

Iníciase o 30 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Como parte da programación da exposición "Castelao maxistral", a Cidade de Cultura anunciou o ciclo "Diálogos ao redor de Castelao", no que participarán conferenciantes de diversos ámbitos de coñecemento. O ciclo arrinca o 30 de xaneiro coa participación de Carlos L Bernárdez, prestixioso historiador e crítico da arte, e seguiranlle os catro mércores seguintes o historiador e comisario de Castelao maxistral, Miguel Anxo Seixas; o humorista gráfico, xornalista e ensaísta Siro López; o ex Valedor do Pobo José Julio Fernández; e Pilar Cagiao, especialista en fenómenos migratorios e directora do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanistas ‘Gumersindo Busto’, esta última o 27 de febreiro. As xornadas son de balde con inscrición previa.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Siro López, Valedor do Pobo, Miguel Anxo Seixas Seoane...