AELG publica as actas da XIª Xornada de Literatura de Tradición Oral

Xa está dispoñible tamén a crónica videográfica completa da III Xornada da Sección de Literatura Dramática

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ven de poñer dispoñible en liña o documento de actas da XI Xornada de Literatura de Tradición Oral celebradas o pasado 27 de outubro e que se dedicaron a "O rol da muller na literatura de tradición oral". O documento recolle todas as intervencións desa xornada entres as que están os relatorios e conferencias de Camiño Noia, Estefanía A. Lodeiro, Anxos Sumai, Faia Díaz Novo, Alba María e Lupe Blanco. Alén diso a AELG tamén dispón xa na súa web da crónica videográfica completa de todas as intervencións da III Xornada da Sección de Literatura Dramática. “A palabra teatral nas aulas” actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, que tivo lugar o pasado 24 de novembro.