O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou onte o plan reitor das Illas Atlánticas, o regulamento que marcará os usos, cupo de visitantes e o desenvolvemento do parque nacional. Feijóo presentou o plan como un paso máis para conseguir a declaración das Illas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Entre as medidas adoptadas no plan reitor, está a limitación de accesos, por primeira vez, á illa de Ons en tempada alta. Só poderán acceder á illa un máximo de 1300 persoas por dÃa. Esta limitación súmase ás xa existentes para as Illas CÃes, Sálvora e Cortegada. O documento inclúe planos de emerxencia e liñas de traballo para a preservación e delimitación das zonas con impacto ambiental.