O chapapote cóbreo todo por igual. Sen embargo, a importancia ecolóxica de todas as zonas non é a mesma. A penas uns meses despois de recibir a declaración de Parque Nacional, as illas de Ons, CÃes, e Sálvora viron grande parte das súas costas e dos seus ricos fondos mariños afectados polo vertido de fuel do Prestige. Desde o Ministerio de Medio Ambiente púxose en marcha un plan de limpeza e de recuperación especÃfico para esta zona que comezou a aplicarse no mes de xaneiro. Intentar que as Illas volten a ser o que eran antes da catástrofe é o seu obxectivo, aÃnda que moitos dubidan de que se poida conseguir.
A informacións oficiais ó comezo da traxedia eran optimistas, pero de calquera xeito o 18 de novembro o Ministerio e a Xunta anunciaban un plan de prevención para o caso de que a mancha de fuel chegase ó parque. E chegou. Xa altura do cinco de decembro o Ministerio de Medio Ambiente daba por afectadas un 80% da costa en Sálvora, un 70% en Ons e un 30% en CÃes. Cifras que axiña se ampliarÃan ata chegar ó 90% destas costas, sendo Ons a illa que sairÃa peor parada Logo das praias e das rochas, chegoulle a quenda do chapapote ós fondos mariños, unha das riquezas ecolóxicas máis importantes do parque, 7.138 hectáreas protexidas. A inmensa poboación de aves que vive nas illas e, sobre todo a flora e a fauna mariña, vÃase seriamente ameazada.
Plan de salvamento
En novembro púñase en marcha o Plan de Prevención que pretendÃa atallar a chegada de fuel ás Illas, dotado con 480.000 euros e con posibilidade de ampliarse a 600.000. O trinta de decembro anunciábase un protocolo xeral para a recuperación ambiental dos espacios afectados polo vertido. Dentro deste protocolo, asinado entre a Xunta e o Goberno central, prestábase unha especial atención á recuperación das Illas, establecendo que as actuacións concretas serÃan desenvolvidas mediante sucesivos convenios.
Praias limpas
Logo de dous meses de traballo por parte de abondosos voluntarios, en colaboración co exército e con empregados de Tragsa, conseguiuse extraer máis de 3.400 toneladas de fuel das praias do parque. A finais de xaneiro a Dirección de Parques Nacionais decidiu prescindir do traballo dos voluntarios sinalando que a limpeza de praias xa estaba rematada e que as tarefas a desenvolver precisaban de material especializado. Desde diferentes colectivos ecoloxistas coma a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a pontevedresa Asociación pola Defensa da RÃa (APDR) sinálase sen embargo que aÃnda queda moito fuel no parque e que a medida se tomou “para eliminarlle unha competencia barata ás empresas que traballa na zona, en realidade non está a traballar persoal especializado, son empregados de Tragsa e membros do exército”. Desde a APDR tamén denuncian que os métodos de transporte empregados no parque causaron graves danos na flora e na fauna e que tiveron que ser eles quen establecesen os protocolos para minimizar o impacto derivado da limpeza.
Ata o fondo
A comezos de xaneiro anunciábase o plan de limpeza de fondos. Observacións preliminares amosaban que o fuel comezaba a pousar nas zonas do fondo mariño onde existÃa unha menor actividade das mareas. Desde pequenas bolas ata placas de varios centÃmetros de grosor, o chapapote adquirÃa diversas formas e asfixiaba algas e larvas de peixes e moluscos. A experiencia dos navalleiros e ouriceiros das confrarÃas foron fundamentais para saber os puntos exactos do fondo nos que tendÃa a acumularse o material. Onda eles, buzos do exército se coordinaban buscando un método para extraer o veleno negro do fondo. Sen embargo, os resultados son ata o de agora pouco esperanzadores. O aspirado con bombas de succión non acada arrastrar un fuel que se mestura coa area e perde elasticidade. Por esta razón o sistema de limpeza que se está a empregar é o manual, e os traballos redúcense ás zonas menos profundas do fondo mariño. A necesidade de contar con cámaras de descompresión para poder acceder a zonas situadas a máis de vintecinco metros de profundidade dificulta aÃnda máis as tarefas para recuperar estes espacios. De calquera xeito, aÃnda a finais deste mes se extraÃan catro toneladas diarias de fuel dos fondos de Ons, e cifras semellantes nas proximidades das CÃes.
Rañando a rocha
A limpeza das rochas é o outro grande reto para os encargados da limpeza do parque. A necesidade de tirar o chapapote sen danar a superficie para permitir a fixación de microorganismos fixo que se ensaiasen diferentes opcións coma productos quÃmicos ou resinas para extraer con máis facilidade o lixo. Sen embargo, a toxicidade destes sistemas motivaron abondosas crÃticas por parte dos colectivos ecoloxistas. O pasado vinteún de xaneiro anunciábase o plan de limpeza das zonas rochosas do parque, cun investimento de 1,2 millóns de euros. Como sistema fundamental de limpeza anunciábase o emprego de auga do mar a presión, nun intento de emular o propio efecto limpador do mar sobre as rochas. Representantes dos colexios oficiais de biólogos e de xeólogos daban o seu visto e prace ó sistema, que se está a aplicar, segundo os responsables do Parque, situando barreiras nas augas próximas para impedir que posibles restos de fuel volten ó mar.
Os problemas da auga
Xosé LuÃs Baleato, da FEG, non ve tan claro este método. Segundo el, “non coñecemos exactamente o sistema porque no parque nacional case non deixan entrar, e hai dúas semanas botaron os voluntarios. Unha cousa é o que sae na prensa e outra cousa é o que están facendo en realidade, non poñen as barreiras en todos os sitios nos que se limpa e moitas veces o fuel volta ó mar”. No mesmo sentido se manifesta Manuel González da Asociación Pola Defensa da RÃa de Pontevedra, un veterano de Ons: “Ó final o que se está provocando é unha dispersión do fuel por todo o contorno, e é incrible que se utilicen os mesmos métodos que se desbotaron nos casos do Exxon Valdez e do Erika”.
¿E despois?
Segundo sinalan diferentes especialistas en ecoloxÃa e bioloxÃa mariña, a recuperación do parque durará anos, aÃnda que desde a dirección do mesmo agardan que a limpeza de fuel remate para o vindeiro verán. Desde o Instituto Oceanográfico de Vigo apúntase un perÃodo mÃnimo de cinco anos para que se os efectos do desastre deixen de ser visibles, sen que iso supoña que o ecosistema estea recuperado nese perÃodo. Tanto desde esta institución como desde a dirección do parque, recoñécese que pode ser que as illas non volten a ser como eran. Entre os intentos para acelerar o proceso de eliminación do fuel, en Sálvora está a realizarse un ensaio de biorremediación con bacterias. A idea é aproveitar bacterias autóctonas e favorecer o seu crecemento mediante fertilizantes para acelera de descomposición natural que realizan estes microorganismos. Desde a FEG sinalan que aÃnda non se coñecen os posibles efectos sobre o ecosistema destes método. Haberá que agardar ata a primavera para saber, por exemplo, que os araos que aniñan nas CÃes e que emigran durante o inverno voltan por estes pagos. Para saber se as algas e microorganismos que viven nas rochas voltan á actividade logo da hibernación. Para saber se as variedades de plantas que só existen nas illas medran de novo.