O festival Portamérica de Caldas ven de axitar a semana coas súas avultadas confirmacións de cartel. O día 17 lanzaba unha lista conformada exclusivamente por artistas femininas na que figuraban Rozalén, Mon Laferte, Zahara, Vega, Natalia Ferviú, Miss Bolivia, Anarchicks e Cándida e o grupo Morgan liderado por Carolina de Juan. Hoxe mesmo ven de avanzar outros importantes 14 nomes para a edición do vindeiro xullo, xa con máis presenza masculina e ademais con algunha presenza da escena galega. Xoel López volverá un ano máis á carballeira de Caldas como parte do Combo Viramundo xunto a Fernando Lamas e David Quinzán. Tamén estarán o dúo Presumido, que para aquela xa terán máis avanzado o seu proxecto Cuatro estaciones que arranca esta mesma semana con Invierno. A representación da escena musical galega nesta quenda de confirmacións péchaa Santi Araújo. Os británicos Madness, Andrés Calamaro, Carlos Sadness, La Casa Azul e Depedro pasan á parte alta dun cartel no que tamén entran Sidecars, Carolina Durante, El mató a un policía motorizado, Trending Tropics, e Nixon.
O que segeue incorporando nomes tamén é o FIV de Vilalba que tras as confirmacións da pasada semana ven de anunciar hoxe mesmo as actuación de Depedro, Miss Caffeina e Siloé para a seguinte edición, xunto aos anteriormente confirmados. Outro festival que ven de abrir cartel estes días é o Vive Nigrán. O coñecido como "picnic-pop festival" da localidade pontevedresa xa pon sobre a mesa a actuación dos composteláns Novedades Carminha. Un engado que adoita atraer un bo número de incondicionais para este evento que celebrará unha terceira edición que xa ten datas para os días 19 e 20 de xullo, na liña da do pasado ano. Os abonos xa están á venda para estes eventos así como para o SonRías Baixas de Bueu que puxo datas na axenda para os días 1, 2 e 3 de agosto do ano 2019 e saca xa os primeiros abonos á venda, pero aínda sen artistas en cartel para a seguinte edición.