Cinco anos transcorreron desde o primeiro disco de Gabriel Peso (Sinapsis, Estudios Mans 2013) e o pianista pontevedrés aproveitou ese tempo para traballar acompañando a outros artistas nas súas xiras, en obras de teatro e musicais, para a televisión e viaxar. Desa viaxe de cinco anos xurde agora este novo traballo TravesÃa (Xingra, 2018) para o que elixe un formato de trÃo acompañado por Miguel Asensio á baterÃa e David RuÃz ao contrabaixo. Dez temas de jazz e fusión nos que, segundo Peso, se deixa ver claramente a influencia da súa orixe galega “na esencia e no aroma” asà como nunha rÃtmica caracterÃstica das nosas músicas, incluÃndo especificamente no disco unha xota ( Jota de Peso)creada como homenaxe aos seus avó e pai e na que participa este último colaborando á gaita. O disco foi obxecto de mestura e masterización en Nova York da man do enxeñeiro Dave Arlington, que ten traballado con grandes nomes da música mundial. O músico comeza hoxe unha mini xira galega con este traballo no club Dado Dada Jazz, de Santiago, ás 22 horas. Mañá mércores o trÃo estará no Vitruvia Café de Vigo e o xoves estarán no Café Latino de Ourense. Outor local indispensable do circuÃto do jazz den Galicia, o Jazz Filloa da Coruña pechará esta xira o sábado ás 22 horas.