Galicia conta unha vez máis con representación na Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara, que se desenvolve na cidade mexicana estes dÃas e ata o vindeiro 2 de decembro. Nesta trixésimo segunda edición do que constitúe o evento editorial profesional máis relevante de Iberoamérica a cultura galega está representada polos escritores e escritoras RosalÃa Fernández Rial, Manel Loureiro, Arantza Portabales e pola ilustradora Macus Romero, que baixo o epÃgrafe de programación Literatura de Galicia participan estes dÃas na axenda do evento cunha intervención temática cada un deles. Para dar a coñecer e promover o sector editorial galego, a Xunta de Galicia tamén dispón na feira dun stand con espazos habilitados para as reunións comerciais e para a información permanente dos visitantes, no que se exhibe unha selección dos tÃtulos máis recentes dalgunhas das principais editoriais galegas.
A maiores do programa organizado pola Xunta de Galicia Manel Loureiro e Fernándeez Rial tamén participan da feira a través de intervencións na sección FIL Joven – Ecos de la FIL, e Loureiro engade o seu nome ao de outros na conferencia Vuelta a la ciencia ficción en 60 minutos que se celebra este xoves e na que estará xunto a outros dous autores. Este acto organizado por Acción Cultural Española e FIL Guadalajara retransmitirase en directo vÃa Twitter. Por fóra das accións amparadas pola Xunta e as editoriais galegas a autora de orixe galega que máis actividade terá dentro do programa é a compostelá Cristina Sánchez-Andrade. A escritora participará en varias actividades, unha delas unha lectura polÃfónica con outras gañadora do Premio de Literatura Sor Juana Inés de la Cruz, que ela gañou en 2004. Un obradoiro de escrita, a presentación dun libro seu e unha intervención no Ecos de la FIl hoxe, completan a súa axenda.