Galicia inicia a súa programación na Feira do Libro de Bos Aires

Xesús Fraga, María Canosa, Alba Cid e Laura Romero participan no evento

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Galicia inicia a súa programación na Feira do Libro de Bos Aires

A Consellería de Cultura iniciou a súa programación na Feira do Libro de Bos Aires, o mercado de referencia do ámbito editorial de América Latina. Desta volta, a Xunta enviou a Bos Aires os escritores Xesús Fraga, María Canosa e Alba Cid, dos cales tanto Fraga como Cid recibiron os Premios Nacionais de Narrativa e Poesía Nova Miguel Hernández respectivamente. Os autores participan en encontros no Colexio Santiago Apóstol ou en colaboración coa Federación de Sociedades Galegas de Arxentina. No stand institucional da Xunta poderanse coñecer as últimas novidades editoriais galegas e haberá obradoiros e accións para todos os públicos.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Feira do Libro, Xesús Fraga, María Canosa...