A Xunta difunde a produción de 20 editoras na Feira do Libro de Bos Aires

Armando Requeixo, Luis G. Tosar e Luis Pousa son os escritores convidados pola Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Entre o 24 de abril e o 12 de maio, o stand institucional de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires difundirá a produción de vinte editoriais reprsentantivas galegas. Ademáis, Kalandraka e OQO contan con cadanseu stand no recinto feiral. No stand de Galicia tamén estará presente o Instituto Arxentino da Cultura Galega do Centro Galego de Bos Aires. Os escritores Armando Requeixo, Luis G. Tosar e Luis Pousa foron convidados pola Xunta a acompañar a presenza institucional aló, e canda o secretario xeral de Cultura Anxo Lorenzo levarán a cabo diferentes actividades culturais vinculadas á feira e ao mundo cultural galego en Bos Aires.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira do Libro, Armando Requeixo, Escritores, Anxo Lorenzo...