Os autores representan a Galicia na feira de Guadalajara

Yolanda Castaño, Luis Menéndez, Anxo Fariña e Marta Álvarez participan na programación

3/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un ano máis, a literatura galega está presente na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, que se desenvolve ata o vindeiro seis de decembro na cidade mexicana. No entanto, por vez primeira nos últimos anos, a delegación galega no encontro non conta cun posto común para as editoriais do país. No evento, considerado o máis importante do mundo editorial latinoamericano, as nosas letras están reperesentadas pola poeta Yolanda Castaño, o escritor e xornalista Luis Menéndez e os ilustradores Anxo Fariña e Marta Álvarez participan na programación cultural do evento a presentar as súas obras, participar en mesas redondas e manter encontros con estudantes.

Si participan, de xeito individual ou mediante acordos con outras entidades, editoras como Kalandraka, OQO, Ediciones del Viento, Nova Galicia Edicións ou os servizos de publicación das universidades de Vigo e de Compostela. En paralelo, e dentro do programa do Festival de Internacional Nortíteres, a compañías Títeres Alakrán levou ao espazo infantil da feira a obra Barriga Verde ataca de novo. O país convidado nesta edición do evento é o Reino Unido.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Yolanda Castaño, Anxo Fariña, Literatura...