Lugo contará cun cinema dedicado a filmes en versión orixinal

O novo establecemento empregará dúas salas do antigo Cine Yelmo

21/11/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Códex Cinema é nome da nova sala de proxección que vai abrir en Lugo antes de final deste ano. O proxecto recupera dúas das salas dos antigos Cines Yelmo para realizar proxeccións en versión orixinal e centradas en producións independentes e de autor. O músico e activista Eloi Caldeiro é un dos promotores desta iniciativa, que achegará unha sala de 150 butacas e outra de 74 equipadas con novos proxectores dixitais. Ademais de proxectar filmes, o novo espazo quere acoller conferencias, debates e outros eventos, e de cara ao futuro proxecta completar o proxecto cunha libraría un estudio de televisión e unha sala de eventos.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Lugo

Claves

Conceptos
Lugares