Segundo informa o xornal Faro de Vigo, na reunión do padroado da Fundación MARCO do pasado xoves aprobáronse as bases que rexerán o concurso público de acceso á praza de dirección do MARCO. Este paso dado polo órgano rector da institución inicia asà un proceso que rematará enchendo a vacante máis dun ano despois da marcha do anterior director, Iñaki Antelo. Na información dada polo xornal vigués tamén se indica que na mesa sesión o padroado aprobou un unha modificación dos estatutos para cambiar a súa propia composición para que esta sexa proporcional entre as tres administración que forman a fundación – Concello, Xunta e Goberno estatal- de tal xeito que se correspondan coas achegas económicas que están a facer cada un neste momento á fundación. As bases para a selección da persoa que dirixirá o centro presentáronse a iniciativa do Concello e o Faro de Vigo adianta algunas das caracterÃsticas que terá a convocatoria. En xuño do pasado ano o alcalde impulsara unha modificación da composición do padroado que foi paralizada polo goberno autonómico o que posteriormente foi recorrido desde o Concello .