A ourensá Neila García Salgado acada o Premio nacional de Tradución

Recoñécese o seu traballo ao traducir ao castelán o poemario sueco ‘Encontraste un alma’ de Edith Södergran

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Neila García Salgado (Ourense, 1991) ven de ser recoñecida polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional á Mellor Tradución en 2018 polo traballo feito coa obra Encontraste un alma. Poesía completa, de Edith Södergran (Sueco-Castelán). Tradutora e intérprete, as súas linguas de traballo son o inglés, alemán e sueco, das que traduce ao español e galego. Na actualidade a premiada reside en Viena, onde traballa como tradutora externa e tradutora temporeira da Oficina das Naciónes Unidas. A tradución que realiza da obra de Edith Södergran Encontraste un alma. Poesía completa merece o Premio Nacional de Tradución que concede o Ministerio de Cultura e Deporte xa que se segundo o xurado resulta apreciable a súa "capacidade para superar grandes dificultades", xa que, segundo eles "consegue reproducir para o lector español uns versos dunha sensibilidade exquisita, cheos de fondura e de beleza".

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Poesía, Ministerio de Cultura, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares