Xosé Manuel Núñez Seixas é galardoado co Premio Nacional de Ensaio

O Ministerio de Cultura recoñeceu a súa obra Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Xosé Manuel Núñez Seixas. Fonte: Consello da Cultura Galega.

Xosé Manuel Núñez Seixas. Fonte: Consello da Cultura Galega.

O Ministerio de Cultura e Deporte daba a coñecer este 29 de outubro o fallo do xurado do Premio Nacional de Literatura na modalidade de Ensaio, que foi para o historiador galego Xosé Manuel Núñez Seixas. O xurado recoñeceu a súa obra Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 "por trazar unha historia do nacionalismo español nas súas diversas correntes e manifestacións ao longo da Idade Contemporánea. Sendo unha obra que se apoia nunha densa traxectoria de investigación, destaca polo seu esforzo de síntese e de claridade expositiva, así como polo seu rigor". O galardón conta cunha dotación económica de 20.000 euros.

Seixas, nado en Ourense en 1966, é doutor en Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Historia Contemporánea de Europa na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich. Na actualidade ocupa o posto de vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

O xurado estivo composto por Adriana Moscoso del Prado Hernández, Begoña Cerro Prada, Xosé Henrique Monteagudo Romero, Adolfo Arejita Oñarte-Echebarria, Enric Pujol i Casademont, Bruno Camus Bergareche, Francisca Rubio Gámez, Ángel Luis Prieto de Paula, María de la Concepción Barrigós Vicente, Esther Sánchez-Pardo González e María Xesús Lama López.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Ministerio de Cultura, Literatura, María Xesús Lama...