A banda viguesa de The Soul Jacket teñen desde hoxe dispoñible á venda e nas plataformas dixitais o seu cuarto traballo de longa duración Plastic jail (autoeditado, 2018). Este disco sucede a Vol III (autoeditado, 2017), co cal o grupo conseguiu entrar no sexto posto da lista de mellores álbums nacionais de 2017 para a veterana revista Ruta 66. Se aquel se gravara en Cantabria e se masterizara en California neste caso Plastic jail foi gravado, en varias sesións durante os meses de abril a xullo do presente ano nos estudios Radar de Vigo "á vella usanza" e alà mesmo mesturado e masterizado. A produción é da propia banda e de Pablo Iglesias.
O resultado tamén parece chamado á relevancia afianzando os pasos seguros que a banda dá como referencia madura desa fórmula que consegue ofrecer unha viaxe en dez temas a través do Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul cantados en inglés en nos que Toño López pon a súa caracterÃstica voz sempre como mascarón de proa de luxo. Un son canónico, cheo de potencia e honestidade e cargado de autenticidade na aposta pola busca da esencia do xénero e con ese multi instrumentismo elegante, engalanado ademais cos metais de Diego Alonso e Antonio Otero, entre outros no tema Rainbow Pills que abre o disco como antesala do que ven despois, ou a harmónica de Óscar Avendaño nese vibrante Fire. The Soul Jacket asegura xestos cara bandas como Big Star, John Lennon ou os primeiros Heartbreakers, ecos de The Kinks e The Beatles. The Soul Jackets comezan mañá a defender o novo disco en directo cun concerto de presentación no JJCopas de Ponteareas ás 23:30. A entrada é de balde.