O LAVmov de Vedra presenta o seu primeiro palmarés

O novo concurso de creación audiovisual rápida falla o seus premios

15/10/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Foto: Asoc. Sen un Peso

O Concurso audiovisual "A fume de carozo" do LAVmov de Vedra fallou a súa primeira edición premiando ex aequo as pezas SIRO, de Lucía Estévez; e OS REMEDIOS, de Sara Iglesias, Ada Seoane, Laura LaMontagne, Patricia López e David Rodríguez. A Asociación Sen Un Peso da localidade coruñesa xuntou para a ocasión desta primeira edición, tras 10 anos de LAV dedicados á formación audiovisual, a 6 equipos nun reto de creación que implicaba idear, filmar e montar en 50 horas unha peza audiovisual do xénero que quixeran sempre e cando cumpriran os requisitos sorpresa que descubriron no inicio do concurso: estar gravada en galego, incorporando a frase "E choverá mañá?" e incluíndo na trama una localización de Vedra asignada ao azar. O xurado, formado por Mela Casal, Alfonso Zarauza e Manuel García Torre foron es encargados da selección final.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, David Rodríguez, Alfonso Zarauza, Manuel García...

Claves

Conceptos
Lugares