Diablo Ediciones publica este mes de outubro Tierra de lobos, segundo volume da serie La Espada de San Eufrasio que asinan Pepe Rey e Manolo López Poy con debuxos de Miguel Fernández. O volume continúa esta saga de misterio e acción ambientada na Galicia das revoltas irmandiñas. Canda a este, están xa nos andeis das librarías varios lanzamentos recentes como é o terceiro volume de Opocalipsis, a serie de humor gráfico sobre o mundo dos opositores que realiza Jijo Limón ou 30 sobre 30 que compila os cadriños de Pepe Mansilla sobre a terceira década da vida. Canda a estes, a ourensá Foster Ediciones publica o curioso volume Conversación, un álbum a catro mans nas que os autores Urbanoscar e Inés Casarejos dialogan, tanto na escrita como no debuxo, sobre vidas, arte, banda deseñada ou política. O volume realizouse integramente en dúas sesións de 12 horas.
Este verán viu a luz tamén, a coincidir con Viñetas desde o Atlántico, o segundo volume de Nai dos desterrados. Este volume, publicado por Amnistía Internacional coa colaboración das librarías Alita comics, Banda deseñada, Tótem, Paz e Sindicato del cómic, recolle, ao igual que a primeira entrega, unha serie de historias sobre exclusión e dereitos humanos. Álvaro López, Belatz, Helena Machado, Hugo San Román, Inés Vázquez, Lidia Cao, Roberto M. Soler, Urbanoscar (Óscar Iglesias) e Xan Eguía participan do volume.