Un repaso ao panorama da videopoesÃa a nivel internacional e unha presentación da situación galega desta arte. Esta é a proposta pioneira de Versogramas un documental de Belén Montero, Juan Lesta e Celia Parra. Publicado agora en DVD pola editorial Galaxia, o proxecto, apoiado nun web, supón un importante paso na difusión da videocreación lÃrica no noso paÃs.
No xermolo do documental que desenvolveu Esferobite, o dúo audiovisual conformado por Belén Montero e Juan Lesta, está o labor da poeta Celia Parra, que correu tamén coa produción executiva do filme. "Cando estaba a estudar Comunicación Audiovisual e comecei a me interesar pola cuestión vin a importancia do panorama da videopoesÃa a nivel internacional. Atopei moito material en Internet, unha comunidade de creadores moi potente, bases de datos especÃficas e mesmo festivais dedicados a este xénero", explica. Foi durante o desenvolvemento dun mestrado en Produción e Xestión Audiovisual que esta creadora lle deu forma á posibilidade de desenvolver un documental arredor desta cuestión a xeito de traballo fin de mestrado. "VÃa que en Galicia habÃa bos referentes, pero non existÃa ningún documental nin formato audiovisual que explorase o panorama. Alà coñecÃn a Juan Lesta e a Belén Montero, que xa tiñan unha grande experiencia en videocreación, videoclips e tamén en videopoemas, polo que eran a produtora ideal. Gustoulles o proxecto e decidimos levalo á realidade".
Investigar un mundo volátil
En contraste co estruturado panorama internacional do xénero, en Galicia a dificultade de localizar e compilar autores e producións deste tipo supuxo un traballo Ãmprobo. "O proceso de investigación foi moi longo, aÃnda que eu tiña xa anotadas bastantes referencias. Chegamos a atopar algunha tese de doutoramento sobre o tema, pero houbo moito que investigar, xunto a Belén Montero, para atopar tanto fonte teóricas sobre a videopoesÃa a nivel xeral como creadores e creadoras. Ao final descubrimos bastantes videopoetas". No noso paÃs esta modalidade de creación que "aÃnda que non é nova, está a vivir unha fase de expansión" non atopa reflexo en espazos de referencia que visibilicen estas producións. "Antes no web Flocos podÃan atopar producións de Antón Reixa. En Youtube aparece tamén algunha obra, Yolanda Castaño mesmo ten un DVD publicado" (O libro da egoÃsta, Galaxia 2009). "Pero en xeral hai que procurar moito para atopar videopoesÃa en Galicia. A maior parte atópase nas redes sociais e en Youtube, pero carecemos de webs de referencia". Ademais destes autores, que Parra recoñece como auténticas referencias no panorama galego, están presentes no documental outras creadoras como son Miriam Reyes e Iria Pinheiro, que canda a colectivos como As Candongas do Quirombo desenvolven unha importante produción. Canda a creadoras galegas, participan no filme a amosar o seu traballo e a comentar a súa visión sobre este xénero Dionisio Cañas, Eduardo Yagüe, Hernán Talavera, Daniel Cuberta, o belga Marc Neys, as estadounidenses Melissa Diem e Martha McCollough ou a arxencina Belén Gache entre outros.
Ampliar da poesÃa
A aplicación do audiovisual á lÃrica preséntase como unha fórmula de especial interese para chegar a novos públicos. "O xénero está a se desenvolver moito no eido educativo, hai certames de vidopoesÃa para escolares" como o que organiza a Casa-Museo Manuel MarÃa para adaptar textos deste autor e de RosalÃa de Castro ou o que promoven a asociación Polisemias e o Concello da Coruña. Ademais "fanse obradoiros de formación nas aulas e mesmo vai aparecendo nos libros de texto como un xeito novo de traballar a poesÃa habitual". O desenvolvemento desta modalidade de creación poética está para Parra estreitamente vinculada a outras formas de poesÃa que están agromar con forma nos últimos anos no noso paÃs, como son os recitais, os festivais ou os formatos escénicos. "Cada vez hai máis iniciativas de poesÃa expandida, e iso alédame moito porque son xeitos de levar o xénero a outros lugares e a outros públicos que quizais non están a priori moi interesados", explica esta autora. "Para min o libro segue a ser un lugar fundamental para a poesÃa, pero hai iniciativas musicais, escénicas, de vÃdeo ao vivo ou con cancións que me parecen moi saudables para o xénero e que son formatos que están moi desenvolvidos en Galicia". O propio interese dos autores por chegar a novos públicos pode incidir na crecente apostar por novos formatos para os versos, xa que, segundo recoñece Parra "aÃnda que a poesÃa e a videopoesÃa son minoritarias por si, hai unha consciencia e un desexo de a compartir. Por outra banda, a falar con colegas poetas ou editoras, vese tamén un desexo de desacralizar a poesÃa, tirarlle a aura de ser algo aburrido, difÃcil ou incomprensible. Asà xorden propostas que amosan que coa poesÃa se pode rir", como fai o dúo Aldaolado, "que se pode interpretar", ao xeito do traballo de Iria Pinheiro, "ou que pode coller forma de concerto", opción que desenvolve o proxecto Cintaadhesiva. "Son novos xeitos de lle dar vida".
Cos tempos
Dentro do interese polos novos formatos poéticos, Parra apunta que esta arte "camiña ao carón do momento actual. Vivimos nunha sociedade eminentemente visual e audiovisual cun grande consumo de imaxe e vÃdeo e estÃmulos rápidos, e a poesÃa adáptase a iso", tanto no noso paÃs como a nivel internacional. Se ben é difÃcil detectar tendencias claras nun tipo de creación que destaca por unha importante pegada autoral, Parra non ten dúbida de que o nivel de calidade e creatividade da videopoesÃa feita en Galicia "está á par do movemento internacional. É difÃcil atopar liñas en común entre todo os creadores porque cada un leva o xénero ao seu terreo. É certo que a maior parte emprega o audio recitado máis do que fórmulas como o texto en pantalla", explica. "Logo a nivel temático hai moita xente a tratar cuestións galegas e en galego canda a reflexións xerais sobre a sociedade ou o feito de ser muller".
Divulgación
Foi precisamente con intención de paliar, cando menos parcialmente, a escasa proxección da produción galega neste ámbito, que se desensvolveu o proxecto Versogramas. "Parte do noso obxectivo era abrir esa fiestra para que cadaquén poida descubrir os autores que máis lles gustan", explica, "querÃamos vincular esta creación co público". E semella que o conxunto, a teor da aceptación que está a ter o filme. "Estamos contentos con como se está a recibir. Moita xente di que resulta incrible que haxa tantas cousas, porque se ven moitas pezas, con diferentes creadores de distintos recunchos do mundo. Nas proxeccións atopamos xente a anotar nomes que aparecen no filme para seguir investigando, que era algo que pretendÃamos. En xeral detectamos que hai gana de ver máis cousas". E é que Versogramas non é un documental ao uso, xa que emprega os propios recursos formais da videopoesÃa para presentar e contar a súa historia. "Queriamos que continente fose igual a contido, un documental sobre este tema non podÃa ser convencional e queriamos que algo do xénero se impregnase no filme", explica Parra. "É como un carrusel de imaxes potentes que van deixando un pouso para que logo cada un escolla o que lle gusta. Moita xente alucina con todo o empaque visual que ten o documental. A nivel de guión e de montaxe foi un acerto o traballo de Belén Montero e de Juan Lesta no aspecto visual, na postprodución". Ademais, o proxecto complétase cun web que vai compilando, baixo o epÃgrafe Videopoema da semana, diferentes creacións deste tipo con recensións que facilitan o achegamento ao xénero.
Por se fose pouco, a proposta de Versogramas non está aÃnda completa "Queremos seguir movendo o filme e levalo ao máximo de puntos posible. Máis adiante, e segundo como vaia funcionando o documental e mais o libro-DVD queremos desenvolver un webdoc que funcione como un xogo en liña que lle permita a cada usuario crear o seu propio videopoema", explica Parra. A maiores "pensamos tamén en facer unha exposición que permita ver enteiros algúns dos videopoemas presentes no docuemental, e tamén desenvolver unha peza experimental sobre videopoesÃa desde a perspectiva autoral de Esferobite", explica. De xeito que é de agardar videopoemas para tempo.
VERSOGRAMAS / VERSES&FRAMES [TRAILER] documentary from Esferobite-DSK on Vimeo.