WOS Festival engade oito artistas para a súa quinta edición

O cartel conta xa con 24 propostas de música alternativa de primeiro nivel

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
WOS Festival engade oito artistas para a súa quinta edición

O WOS festival de Santiago, a cita urbana coa música alternativa, ven de confirmar oito novos nomes ao seu cartel para esta quinta edición que dará comezo o vindeiro día 12 de setembro. Paul Jebanasam & Tarik Barri, Group A, The Bug ft. Miss Red e Gábor Lázár son algúns dos nomes confirmados nesta tanda e cos que o cartel do WOS Festival x SON Estrella Galicia chega xa aos 24 artistas, e non se descartan novas incorporacións nos vindeiros días. O festival contará tamén coa performance sonora 100 Keyboards, creada polo artista Asuna Arashi, talento da arte sonora e a vangarda xaponesas; a chelista Lucy Railton; o proxecto da artista de descendencia grega Christina Vantzou e o norteamericano John Also Bennett, CV & JAB; e para rematar a novísima RRUCCULLA. Os oito nomes sumados seguen demostrando a firme vontade do evento de presentar en Santiago de Compostela e en Galicia formas artísticas ao redor da música electrónica e a exploración avaladas polo rotundo recoñecemento de público e prensa fóra das nosas fronteiras. Con este novo anuncio, o festival deixa practicamente pechado o seu cartel de concertos e nos próximos días publicará os programas de cinema e encontros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con WOS, Cine, Estrella Galicia, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos