
O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, tocará no Quai de la Brretagne o martes 7 de agosto e ao dÃa seguinte participará na gran noite da gaita . Tamén chegará ao Interceltique UxÃa, que rodeada dunha banda de destacados intérpretes, presentará no Theâtre de Lorient as pezas do seu último traballo, UxÃa-o, con letras de Novoneyra. Un dos pratos fortes é Rodrigo RomanÃ. O arpista de Noia chega para impartir a master-class de arpa o sábado 11 no Palais de Congrès, a previa ao concerto que realizará pola noite nese mesmo espazo acompañado da arpista Beatriz MartÃnez e a percusionista Xulia Feixóo.
O Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús RodrÃguez, Manuel Seoane, Diego Prieto e Raquel Vilas. A nivel de formacións tradicionais tamén estarán presentes nesta 48ª edición do Intercelqtique a Banda de Gaitas Sons da Chaira, de Rábade, e grupo de baile da Mariña luguesa Saiñas. Seimeira tocarán dentro da programación das músicas sacras.