O Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús RodrÃguez, Manuel Seoane, Rafael Carracedo e Raquel Vilas. A Banda de Gaitas Ximiela, de Louro (Muros), chegará por primeira vez a Lorient. O grupo de baile son os santiagueses Cantigas e Agarimos, unha formación histórica que volve á vila bretona logo de nove anos. Amosarán pezas do seu espectáculo “Balbino”, unha viaxe arredor da nosa tradición coa axuda de Neira Vilas. Pablo Seoane e Marcos RodrÃguez, Erixúa, tocarán dentro da programación das músicas sacras.