O Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega na súa edición 2018 decidiu por unanimidade premiar na categorÃa de Música Galega a Guadi Galego; en Artes escénicas ao actor Carlos Blanco; o Premio Homenaxe á RomarÃa Etnográfica Raigame, de Vilanova dos Infantes. A entrega dos galardóns terá lugar o 22 de Decembro de 2018, no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir, que terá lugar no Complexo Polideportivo de O Picouto, no Concello de Ramirás (Ourense). Os Premios Rebulir da Cultura Galega, nacen no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vÃnculos interculturais e de raÃz. O Xurado quixo deixar constancia no acta o seu pesar polo falecemento de D. Lois Antón Pérez, quen recibiu esta homenaxe na derradeira edición, o ano 2017.