O xurado dos Premios Rebulir deu a coñecer onte os galardoados na edición deste ano. LeilÃa, grupo que consideran un "referente" viu recoñecido o seu labor de proxección "da cultura galega dentro e fora das nosas fronteiras, atendendo sempre a rigurosidade e fidelidade coa tradición, pero sen perder de vista a innovación nos seus traballos". Ao tempo, acordou recoñecer no campo do patrimonio oral o dúo artÃstico formado por Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, "polo mantemento, difusión e posta en valor do humor con raigame tradicional e en galego". Os galardóns entragaranse no marco da Gala Central do Festival Internacional Rebulir, programada para o sábado 17 de decembro no Polideportivo de O Picouto, en Ramirás.
A organización do festival Rebulir quere recoñecer con estes premios "a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura tradicional nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Ourense e de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vÃnculos interculturais e de raÃz".