As Festas de Interese Turístico definen o xeito no que presentamos o noso país, tanto a visitantes foráneos como nos mesmos. Esta figura, nada nos anos sesenta para potenciar o movemento de visitantes por todo o Estado, foi evoluíndo co tempo e actualmente acolle nas súas diferentes categorías unha multitude de celebracións de todo tipo. Desde eventos deportivos a ritos tradicionais, sen esquecer a masiva presenza de citas gastronómicas, o panorama de festas con este recoñecemento achéganos unha ollada sobre a nosa propia identidade.
Na actualidade, 143 celebracións contan coa declaración de Festa de Interse Turístico, sexa este galego (outorgado pola Xunta) como Estatal ou Internacional (declarados polo Ministerio). A orixe desta distinción xorde a nivel estatal en 1965. Naquel momento Manuel Fraga, ministro de Información e Turismo, realizou as primeiras declaracións neste sentido na busca de potenciar as viaxes de ocio e o movemento dos visitantes internacionais. Acabada a ditadura, en 1979 modificouse a lexislación en Madrid e organizouse a clasificación de festas de interese internacional e nacional, categorías sobre as que continúa a ter competencia o Ministerio de Turismo. A nivel galego, a primeira lexislación deste campo data de 1997 coa Lei de Turismo de Galicia e o regulamento específico sobre estes recoñecementos publicado no seguinte ano. É a partir de entón que se rexistran todas as festas de Interese Turístico Galego, mentres que con data anterior só fican recollidas aquela que obtiveran a categoría de interese nacional ou internacional. Na actualidade, unha nova Lei de Turismo de 2011 e un decreto de 2015 son as que rexen estas declaracións.
As primeiras
De xeito previo á lexislación autonómica, foron 14 as primeiras festas galegas que conseguiron estas declaracións, revisadas co cambio legal en 1979. As celebracións pioneiras en contar con este recoñecemento foron A Rapa das Bestas de Sabucedo e as Festas de San Roque de Betanzos (1965) seguidas polas de San Roque de Sada e as de San Lourenzo de Foz no ano seguinte. A Romaría do Naseiro en Lugo (1967), o Corpus Christi de Ponteareas e a Romaría e Día da Gaita de Ribadeo (1968), as San Lucas de Mondoñedo (1969), A Festa do Polbo do Carballiño (1972), a feira dos viños do Ribeiro (1973) e mais a festa do Marisco do Grove (1974). Logo do franquismo, a a Rapa das bestas de Viveiro e a Festa do Albariño (1977) e as celebración do Cristo de Fisterra en 1985 foron as seguintes recoñecidas deste xeito. Como se pode ver, destaca a presenza de eventos de carácter tradicional ou tradicional e relixioso nestas primeiras declaracións, con sete das oito declaradas durante a década dos 60. A partir de entón, irrompen con forza as celebracións de tipo gastronómico, con catro das seis declaradas adscritas a esta categoría, con eventos agora clásicos como a Feira do Albariño de Cambados ou a Festa do Marisco do Grove.
As nove internacionais
Por categorías, as nove festas declaradas como de Interese Turístico Internacional achegan tamén unha visión do panorama das celebracións recoñecidas no noso país. As festas de Santiago Apóstolo en Compostela, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Semana Santa de Ferrol, o San Xoán coruñés, as xa mentadas rapa das bestas de Sabucedo e o Corpus Christi de Ponteareas, a Romaría Vikinga de Catoira, a arribada da Carabela Pinta a Baiona e a Semana Santa de Viveiro son as únicas celebracións que contan co máximo distintivo neste campo. Como se pode comprobar, predominan entre estas as celebracións relixiosas, con catro (a incluír as festas do Apóstolo), seguidas por dous eventos de recreación histórica, un festival de música e outros dous encontros que se poden considerar tradicionais.
As dez estatais
En canto ao recoñecemento estatal, son once as celebracións recoñecidas. A Romaría de Nosa Señora da Barca en Muxía, a Festa do San Froilán e o Arde Lucus en Lugo, a Festa da Istoria en Ribadavia, o entroido de Xinzo da Limia, o entroido de Verín, a festa do Polbo do Carballiño, a Festa do Albariño en Cambados, as festas patronais de San Roque da Vila, en Vilagarcía de Arousa, a Feira do Cocido de Lalín e a festa do marisco do Grove amosan a potencia que posúen outro tipo de celebracións como son as gastronómicas no recoñecemento oficial. Catro dos recoñecementos son de festas deste tipo, mentres hai dúas de recreación histórica, dous entroidos tradicionais e tres festas locais (San Froilán, San Roque e A Barca) que se poden clasificar como tradicionais e como relixiosas ao tempo.
Os criterios
A seguir a liña das leis estatais, normativa galega establece que este recoñecemento se lle outorga a festas cunha antigüidade mínima de vinte anos e datas de celebración determinadas. Ademais, deben "conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respecto a outras similares". Neste aspecto valórase de xeito particular que cada festa reflicta a idiosincrasia dunha zona e que "desde o respecto á tradición e costumes que a fan única, presente innovacións nas edicións sucesivas que contribúan a enxalzar máis o evento". O arraigamento popular e o carácter participativo do evento, o desenvolvemento de accións promocionais, a continuidade no tempo ou o seu valor cultural arredor de "manifestacións de interese e carácter cultural como son, entre outras, as artísticas, relixiosas, deportivas ou gastronómicas" son os outros criterios establecidos.
As datas das festas
Na nosa análise, integramos en períodos como Corpus Christi, Semana Santa ou Entroido festas que, mesmo que non se celebren nestas datas ou períodos concretos, fano en xornadas próximas e a depender de como caian estes eventos no calendario. Así, a Festa do Boi de Allariz (fin de semana anterior ao Corpus) , a de San Telmo de Tui (o luns seguinte ao luns de Pascua) ou a do Cocido de Lalín (fin de semana anterior ao Entroido), fican integradas a efectos de análise nas súas celebracións de referencia. Neste sentido semella claro que agosto é o mes por excelencia das festas de Interese Turístico. Nada menos que 40 das 143 recoñecidas se celebran nese mes (a incluír a Pantín Classic, que oscila e pode caer en setembro nalgunha edición). Sígueo, xa coa metade de celebracións xuño, coa Semana Santa (13 festas), Entroido e Maio (12 cada un destes períodos) como seguintes datas máis recoñecidas. De destacar como curiosidade a periodicidade da Feira do Queixo de Pedrafita, que se celebra cada tres anos a coincidir co Venres Santo. O peso de agosto e de xuño na listaxe coincide co groso das celebracións de todo tipo que se dan no noso país ao longo do verán, e as do Entroido poden responder coa proxección deste tipo de festividades por todo o país. No entanto, semella claro que se lle outorgou nestas declaracións unha especial relevancia aos eventos que se desenvolven durante Semana Santa, o cal pode corresponder tanto a querer potenciar as celebracións relixiosas como a desenvolver citas atractivas durante un período de grandes fluxos turísticos.
Gastronomía e relixión tradicional
A partir destas premisas, atopamos que a gastronomía é o aspecto que máis recoñecemento obtén da xunta, xa que a categoría está presente 56 veces na listaxe. O peso das celebracións tradicionais é de 30 mencións na categoría, pero se sumamos a estas aquelas nas que destaca tamén o ingrediente relixioso, chegamos a nada menos que 50 mencións, o que amosa o peso das celebracións máis vencelladas á cultura popular. A esta séguea a temática relixiosa, que chegan a 34 mencións, incluidas aquelas festas que tamén contan como celebracións tradicionais. Aquelas máis netamente relixiosas, no entanto, fican en 14 mencións. Chama a atención a existencia dos seis eventos musicais con recoñecemento de interese turístico, entre eles dous dos festivais con máis arraigo do país, como son os de Ortigueira e o de Pardiñas, e dos deportivos nos que incluímos, como xa comentamos o Rally de Carrilanas de Esteiro, recoñecida no 2000.
Artesanías e recreacións
Con anterioridade, a partir de 1999 comezaron a se incorporar á listaxe as festas dedicadas á artesanía, que contan na actualidade con tres eventos dedicados ao Encaixe de Camariñas, á olaría de Buño e mais ao cultivo da Rosa en Mos. Ata 2005 tivo que agardar a primeira celebración de carácter musical en se incluír na listaxe, sendo o Festival de Ortigueira o primeiro evento deste tipo en se recoñecer (e acadar ademais a declaración como de Interese Internacional). Antes do que estas xa conseguiran recoñecemento eventos dunha modalidade relativamente recente como é a da festas de recreación, que se incorporaron con velocidade á listaxe. O éxito da Festa da Istoria de Ribadavia valeulle facerse coa distinción en 1997, e acadar mesmo o recoñecemento a nivel estatal, un título que tamén obtivo o Arde Lucus, que entrou na listaxe en 2017. No entanto, son a Romaría Vikinga de Catoira e mais a Arribada de Baiona as únicas das doce citas deste tipo en ter a declaración de Interese Internacional.
Tradicións e festas recentes
Dentro das celebracións tradicionais, a listaxe recoñece nove Entroidos do país. Os de Viana, Xinzo, Verín, Cobres, Laza, Manzaneda, O Ulla, Maceda e Vilariño de Conso, así como festas gastronómicas vencelladas a esta celebración como o Cocido de Lalín ou a Filloa de Lestedo. As romarías tradicionais, con dez representantes na listaxe, aparecen como un dos tipos máis recoñecidos dentro das festividades de carácter tradicional. A listaxe recoñece tamén cinco danzas brancas, as de Redondela (inseridas na declaración da Coca), as do Hío, Darbo, Aldán e mais Marín e mais dúas rapas tradicionais, en Sabucedo e Viveiro. A listaxe non esquece celebracións que, en moitos casos con menos dun século de existencia, conseguiron un grande éxito entre a poboación local e á hora de achegar turistas. Son casos como os da Festa da Dorna, a Festa do Monte da Guarda, a Romaría do Naseiro, a das Pontes ou as Pepitas de Ferrol, que obtiveron este recoñecemento.
Dúas das celebracións incluídas máis recentemente na listaxe, o Pantín Classic (2016) e o Descenso Internacional do Río Miño (2017) entran nesta categoría, o que semella amosar unha apertura a novos tipos de eventos nos últimos anos. Queda por ver que novo tipo de festas se irán incorporando á listaxe. No entanto, o recente desenvolvemento lexislativo está a facilitar a declaración de festividades como Ben de Interese Cultural. Co anunciado expediente para recoñecer os entroidos do país neste sentido e a reclamación recente de que as festas patronais adquiran tamén este recoñecemento ábrese un novo campo para o recoñecemento destes eventos, a atender de xeito máis específico á súa singularidade cultural antes do que ao seu atractivo, actual ou potencial, para os visitantes. O futuro das festas que nos representan está moi aberto.
NOTA
Á hora de clasificar as celebracións, e dentro do carácter complexo do fenómeno da festa, no que conflúen diferentes dimensións (gastronomía, música, danza, rituais relixiosos e outras), tentamos seleccionalas polo que ten máis peso no recoñecemento da celebración. Deste xeito, marcamos como relixiosas unicamente as festas de Semana Santa, alfombras de Corpus e casos como os Beléns de Valga e Begonte. Pola contra integramos nas categorías de tradicionais e relixiosas as romarías e outras celebracións nas que se funden aspectos máis sagrados cos profanos. Do mesmo xeito, para a nosa análise integramos como tradicionais celebracións con apenas un século de existencia ou mesmo máis novas, a entender que son, como o caso da Festa da Dorna, a Romaría ou a festa do Monte da Guarda, celebracións populares que se celebran de xeito continuo e independentemente de eventos relixiosos. Tamén integramos como tradicionais festas que, tendo orixes ancestrais, evoluíron na súa forma co tempo, como pode ser a celebración do San Xoán da Coruña, o Folión de Carros de Chantada. Na curiosa categoría de deportivas incluímos o Rally de Carrilanas de Esteiro.
Na nosa análise sobre as temáticas máis destacadas das festas, atendemos ás categorías máis repetidas e non ao número de festas de cada tido. Deste xeito se unha festa se adscribe a varias categorías como é o caso da Faguía do Carnés, Tradicional, Relixiosa e Gastronómica, cóntanse tres temas, mentres a Romaría da Nosa Señora da Barca de Muxía marca tanto na categoría de Tradicional como na de Relixiosa. Deste xeito, a suma total de temáticas é maior que o número de festa declarado.

Unha análise das Festas de Interese Turístico (en caso de non poder ver correctamente o infográfico entrar neste enlace)
Infogram