Mellor película, mellor actriz (Bárbara Goenaga) e mellor guión (Miguel Ángel Gómez e Pilar Gutiérrez) son os tres premios que acaba de conseguir O agasallo de Silvia. A coproducción en que participa Lorelei Produccións, Ignacio Benedeti Cinema e a Televisión de Galicia foi a gran triunfadora da VII edición da Primavera Cinematográfica. O agasallo de Silvia narra a historia de varias persoas que reciben os órganos dunha moza que acaba de suicidarse.
Máis información no
sitio web do filme