O Centro Ramón Piñeiro custodiará o legado de Luísa Villalta

Os fondos inclúen material inédito, correspondencia ou gravacións

23/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A familia da falecida escritora Luísa Villalta depositou o pasado venres no Centro Ramón Piñeiro de Investigación de Humanidades, dependente da Xunta, o legado documental da autora. O conxunto inclúe poemarios manuscritos, versos e unha peza teatral inéditas, máis de 600 cartas, medio cento de cardenos, anotacións, apuntamentos de obras xa publicadas, gravacións sonoras e videográficas e documentación persoal. Os fondos serán agora dixitalizados e analizados polo persoal do Ramón Piñeiro con vistas a dar a coñecer o traballo da autora.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Luísa Villalta, Centro Ramón Piñeiro, Documental

Claves

Conceptos