A Xunta vén de facer públicos os importes das axudas á tradución literaria ao galego de do galego a outras linguas. É Rinoceronte Editora a empresa que recibe un maior importe, 66.260 euros, pola tradución de 22 tÃtulos de diferentes linguas do mundo ao galego. Small Station Press recibirá 19.920 euros pola tradución de cinco libros, entre os que están Dragal IV. A estirpe do dragón, de Elena Gallego, Pensa Nao de Anxo Angueira ou Das cousas de Ramón Lamote, de Paco MartÃn. En total, traduciranse ao inglés con achegas destas axudas nove libros. Esta é a lingua con máis libros traducidos desde o galego. O gran groso das axudas vai destinado á tradución doutras linguas ao galego, recibindo as editoras en total 169.329 euros.