O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas á tradución de 2022, e que corresponden tanto a libro galego traducido a outras linguas como doutras linguas para o galego. Desta volta, a convocatoria, que tiña previsto un crédito de 200.000 euros, non o esgotou, repartÃndose 152.000 euros entre as editoras que recibirán o apoio económico, dividido en dúas anualidades. Trátanse de 24 editoras encabezadas por Rinoceronte Editora (38.200 euros) e Small Stations Press (22.365 euros). A certa distancia, Irmás Cartoné (11.416 euros), Follas Voadoras (11.239 euros) e NK Projects (10.868 euros).
Os proxectos máis subvencionados son Ninguén lembra, de NK Projects (6.000 €) seguido da novela LIX Il fiore perduto dello Sciamano di k, de Davide Morosinotto, (5.725 euros) e A noite do lobo, de Abel Tomé, a cargo de Small Stations Press (5.670 euros), A filla do Minotauro, de Marilar Aleixandre (4.935 euros) tamén de Small Stations, e Jane Eyre, de Charlotte Brontë, por parte de Irmás Cartoné (4.497 euros).