Falece Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente electo da Xunta

Baixo o seu mandato impulsáronse relevantes leis para a lingua e cultura galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Esta mañá faleceu, aos cen anos de idade, Xerardo Fernández Albor, o primeiro presidente electo da Xunta de Galicia. Fernández Albor estaba vinculado ao galeguimso interior durante a dictadura, e foi Manuel Fraga quen o propuxo para encabezar a lista de Alianza Popular coa que gañou as primeiras eleccións á Xunta no ano 1981. Durante o mandato de Fernández Albor, a autonomía foi construíndo algúns dos seus piares básicos en termos de lingua e cultura, como a creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia ou o Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Fraga, Consello da Cultura Galega, Televisión de Galicia, Xunta de Galicia...