Pablo Díaz continúa a súa carreira na música infantil e lanza Coas miñas mans

Quince novas cancións mesturan temas didácticos e lúdicos

11/7/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Da man da colección Sonárbore de Galaxia chega ás librarías o quinto traballo de Pablo Díaz. Coas miñas mans é un novo libro-CD, ilustrado desta volta por Lucía Cobo no que o músico se centra nas mans. "Empregamos as mans para comunicarnos, para escribir, para debuxar, para pintar, para contar, para sentir...", explica a presentación do álbum. A partir desta base, o músico desenvolveu cancións didácticas sobre números, vocais, cores ou comidas que alternan con cancións lúdicas sobre a primavera, os xogos, as mascotas ou festas como o San Froilán, ademais dunha adaptación do poema Chove en Galiza de Xosé María Díaz Castro. Un total de quince novos temas "para medrar con alegría".

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pablo Díaz, Xosé María Díaz Castro, Xosé María Díaz Castro, Editorial Galaxia