Pablo Díaz amplía a súa fórmula con Tic tac toc

O músico está a presentar o seu novo álbum para os máis cativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Pablo Díaz amplía a súa fórmula con Tic tac toc

Con todas as entradas vendidas anda estes días Pablo Díaz a presentar Tic tac toc, o seu cuarto disco. De novo os máis pequenos protagonizan este libro-CD que sae da man de Galaxia na colección Sonárbore. Temas como No San Xoán, Queremos galego, O mundo máxico de Antón ou Señor gato amosan a capacidade de Díaz de explorar novos ritmos. Folclore de diferentes lugares do ritmo mestúrase con ska, country ou rock nos distintos temas para os que Díaz se acompaña dunha banda na que participan nomes como Olga Kirk, Diego Barral, Antón Díaz, Carlos Freire e colaboracións puntuais dos irmáns Tinaquero, Xabier Díaz ou Tito Calviño, todo envolto nas ilustracións de Almudena Aparicio.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Pablo Díaz, Xabier Díaz, Rock...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos