Pablo Díaz volta ao formato CD con Xente miúda moita fartura

O novo proxecto do músico está orientado a crianzas de entre 0 e 5 anos

Tito Calviño e Carmen Rey acompañan a Pablo Díaz na súa nova aposta musical. Logo do éxito de Tic Tac e Toc Toc, o músico presenta Xente miúda moita fartura, un proxecto autoeditado no que retorna ao formato disco e que orienta a un público de entre 0 e 5 anos. Os trece temas do traballo teñen como protagonistas elementos próximos aos máis novos, como poden ser "os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario". O Pazo da Deputación de Lugo acolle esta tarde o recital de presentación do proxecto, e para os vindeiros 21 e 22 de febreiro será o Fórum Metropolitano da Coruña o que aconlla senllos recitais.