As vinte curtas do último Chanfaina Lab xa están na rede

O encontro foi publicando semanalmente as producións gravadas en setembro de 2017

A organización do Chanfaina Lab, o encontro audiovisual que se celebra anualmente en San Sadurniño, remataba o pasado 22 de xuño a publicación das curtametraxes que se desenvolveron na súa última edición. En total, vinte proxectos audiovisuais que se gravaron no concello en setembro de 2017 están dispoñibles na canle de Youtube do evento. Cineastas como Carlos Viana, Olalla Sendón, Carmen Rey, Óliver Laxe, Gabriel Tizón, Ángel Rueda ou mesmo da deputada Ana Pontón participaron neste encontro anual. O evento estreou estes traballos cunha proxección o pasado tres de febreiro e desde entón veu publicando cada venres unha das pezas en Internet.