A Academia do Audiovisual comprométese coa igualdade nun decálogo de medidas

Deseñarán un protocolo para as situacións de acoso sexista

| Santiago. S. Montes | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Se xa nas últimas galas dos premios do audiovisual galego Mestre Mateo o feminismo e a loita pola igualdade era unha reivindicación prioritaria que se deixaba sentir a través do propio deseño organizativo e cun lugar de importancia no discurso institucional do Presidente da Academia Galega do Audiovisual (AGA), Carlos Ares, agora a AGA dá un paso máis nesa mesma dirección con firmeza. A Academia Galega do Audiovisual aprobou na súa última Asemblea Xeral Ordinaria un Decálogo de Igualdade de Xénero que recolle os seus compromisos a prol da igualdade efectiva entre homes e mulleres no eido do seu traballo. Entre as medidas tomadas a AGA comprométese a prestixiar as achegas femininas das profesionais do audiovisual "non deixando máis de dúas edicións sen nomear unha muller como Premio de Honra". A academia tamén se compromete no documento a deseñar protocolos axeitados para dar resposta ás situacións de acoso no eido audiovisual non alimentar o imaxinario sexista ou machista e fuxir de estereotipos e roles de xénero nos contidos que produza en calquera formato, así como a incluír a perspectiva de xénero en todos os informes, estudos e análises que elaboren. A composición igualitaria de órganos de dirección, equipas de traballo e comisións tamén se contempla sempre nuns mínimos de 40/60. Todos estes compromisos serán obxecto de seguimento e impulso por unha Comisión de Igualdade que a Academia creará.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Xénero, Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares...

Claves

Protagonistas
Lugares