Desaparecen dous códices do século XIV dun convento de Viveiro

Están a ser buscados polas forzas de seguridade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Dous códices do século XIV desapareceron da biblioteca do convento de Valdeflores, en Viveiro, segundo sinalou onte La Voz de Galicia. Os dous códices están a ser buscados polas forzas de seguridade e aínda non se atoparon. Os libros roubados son parte dunha colección de dez que se conservan no arquivo do mosteiro. As monxas tamén detectaron o roubo de moedas e o acceso á antiga habitación das novicias, así como unha escaleira empregada para poder acceder ás fiestras do mosteiro. Esta noticia súmase á do peche do mosteiro despois de que as seis monxas que aínda vivían nel decidiran marchar para o mosteiro de Cangas do Narcea. A situación no mosteiro era moi tensa, chegando a aparecer en medios e a instancias eclesiásticas superiores. Previamente outras tres monxas, máis novas, marcharan do cenobio debido a un forte enfrontamento coas máis veteranas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viveiro, Moedas, La Voz de Galicia, Cangas

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares