A feira de artes escénicas Galicia Escena Pro celebra esta semana en Compostela a súa sexta edición. Como no pasado ano, o evento revela unha escena que mantén o seu interese polo público adulto e na que os temas de actualidade están á orde do dÃa, con montaxes cada vez maiores. Obras con percorrido demostrado nos escenarios, moita danza e unha grande dose de experimentación son outras caracterÃsticas dun programa que revela boa parte das tendencias polas que apostan as compañÃas do paÃs.
Galicia Escena Pro chega á súa sexta edición estable en canto a formato e datas na segunda xeira sen a presenza de producións en formato showcase. Desde este 11 de xuño e ata xoves 15 cinco representacións diarias en catro escenarios da cidade de Santiago achegarán a público e programadores unha mostra representativa da produción escénica do paÃs para a vindeira temporada. A feira mantén tamén o número de obras presentes, con dezasete espectáculos completos e dez proxectos en formato pitching en programa, aos que se suman dúas propostas convidadas. Desta volta os grupos madrileños La Estampida e La Tartana fan parte do programa como parte dun intercambio que levará outros dous proxectos galegos á feira da capital española en xaneiro de 2019. Esta conexión, que se realiza este ano por terceira vez, está ser ben aceptada desde Escena Galega, que chama, segundo destacou a presidenta desta organización, Belén Pichel, a que "en vindeiros anos se poidan abrir aÃnda un pouco máis a feira a espectáculos de fóra. Parécenos moi positivo este intercambio cuns territorios poidan coñecer o noso traballo e que ademais nos permite ver o que se está facendo fóra", segundo expresou na rolda de presenta de presentación do programa.
Participación e escolla
O asentamento do formato semella referendado polo maior interese que amosou o sector por estar presente na feira. En total foron 112 propostas, 91 para a exhibición de espectáculos completos e 21 para a sesión pitching, interesadas en participar fronte ás 95 do pasado ano. A selección das que finalmente se presentan no evento, segundo apuntou Luz Pichel, resultou "moi dÃficil", e destacou que "desde Escena Galega tentamos seguir uns criterios o máis obxectivos posibles dentro da comisión encargada de seleccionar as obras, a atender á diversidade de formatos e de linguaxes e a procurar tamén que haxa unha presenza feminina equilibrada no programa". Pola súa banda, Manuel Freire, membro da comisión encargada da escolla considera "que se conseguiu unha selección bastante completa, hai diferentes estilos e compañÃas cunha traxectoria ampla canda a outras de xente nova".
Montaxes de máis tamaño
As montaxes que se seleccionaron para a feira indican unha consolidación na aposta das compañÃas galegas por facer obras de maior tamaño. O pasado ano por vez primeira as producións con tres persoas no escenario eran a maiorÃa, fronte a edicións anteriores nas que predominaban dúos e montaxes cunha soa persoa sobre as táboas. Desta volta, as propostas cun trÃo protagonista duplican a súa presenza e acadan o 33,3% de todas as presentes no evento (fronte 17,9% no pasado ano). De xeito similar, os dúos case dobran o seu peso, ao pasar do 14,3 ao 25 (a expensas dos monólogos) mentres os cuartetos mantéñense cun 12,5% das obras do programa . Mantense importancia das obras que contan con cinco actores e actrices, a chegar ao 16,7% das presentes, coa mesma porcentaxe que en 2017. Baixan no entanto as producións de maior tamaño (entre seis e oito persoas) e as que contan con máis de seis actantes no escenario fican no 8,4%. A este respecto, a presidenta de Escena Galega, Belén Pichel, recoñecÃa na presentación da feira que "houbo un tempo no que tivemos que tirar moito dos espectáculos de pequeno formato. De dous a tres anos para acó, as compañÃas, con moito esforzo, estamos a recuperar algunha capacidade de contratación e estamos a facer o que poderÃamos chamar espectáculos de grande formato. E isto é relativo, porque tampouco é que se pasen de oito actores. Pero hai catro ou cinco anos, nos tempos máis fortes da crise iso non se podÃa facer. Podemos dicir que estamos nun momento moderadamente optimista, estamos a traballar moito man a man coas administracións e reformúlanse moitas cousas".
Temas de actualidade para público adulto
A nova xeira semella consolidar tamén o crecente interese da escena do paÃs polo público adulto, con 19 propostas para este sector fronte a seis para o familiar, con dúas caracterizadas como para todos os públicos. A cifra contrasta co pasado ano, onde só a metade dos tÃtulos en programa eran para espectadores medrados, e continúa a tendencia crecente nas producións orientadas a este sector. Isto pode deberse, tal e como comentaba o pasado ano Carla Capeáns, representante de Escena Galega no comité de selección, á desaparición do formato showcase, que afectou de xeito particular aos espectáculos para o público máis novo. En relación a esta preferencia mantense o interese das compañÃas por retratar diferentes problemáticas da nosa sociedade. Violencia doméstica (Insubmisión), modelos de crianza (Patapatúm), o illamento social (La soledad de Wally), a turistificación (Casa O'Rei), as persoas transxénero e o lesbianismo (Elisa e Marcela, Cinco mulleres que comen tortilla ou In Between), a violencia obstétrica (AnatomÃa dunha serea), o coidado dos anciáns (A leituga), as relación caciquÃs no marco da sociedade actual (O Servidor de dous amos), as problemáticas ambientais (Gaia), a esixencias sociais sobre a imaxe que proxectamos (Plastic) e mesmo unha produción de teatro-documental sobre a emigración (Salvador) son algúns dos exemplos que se atopan no programa.
Máis danza
A danza posúe nesta xeira unha especial importancia, con sete propostas (a incluÃr unha de "danza vertical" e outra de "teatro danza") no conxunto da programación fronte ás dúas da última edición. Na rolda de prensa da presentación do evento, Manuel Freire apuntou que "non é que houbese moitas máis propostas do que outros anos" neste campo, pero "a danza que se fai en Galicia ten unha calidade moi alta e consideramos que ten que estar representada na feira". Belén Pichel, pola súa banda, apuntou que este sector "continúa a ser un ámbito moi precario, pero estamos a traballar moi intensamente con Agadic, con iniciativas como as Residencias ParaÃso, as coproducións co Centro Coreográfico ou cunha liña de axudas especÃfica. Agora semella que o sector comeza a ver a luz e están a saÃr propostas moi interesantes".
VeteranÃas
No programa detéctase un grande Ãndice de repeticións a respecto do ano pasado, xa que 10 das 27 compañÃas desta xeira xa participaran na última edición do Galicia Escena Pro. Na maior parte dos casos, trátase de formacións que e en 2017 empregaron o formato pitching e que este ano desembarcan con obras completas. No caso de Excéntricas e os seus Cranios privilexiados do Elisa e Marcela da PanadarÃa e mais da Casa O'Rei de Ibuprofeno mesmo recunca no encontro a mesma montaxe. Nos outros casos que repiten a respecto do pasado ano, Traspediante, Elefante Elegante, Sarabela, TalÃa, Pistacatro e Fantoches Baj, presentan obras novas, e son estes últimos os únicos que se manteñen no formato pitching.
Obras e compañÃas con traxectoria
Por idades, 11 das 27 compañÃas presentes no encontro (un 40%), comezaron a súa actividade na última década, o que supón un descenso no peso das formacións máis novas a respecto do pasado ano, onde eran seis de cada dez. O groso da selección deste ano céntrase en proxectos nados ao longo da primeira década dos 2000, cun 48% das obras presentes. De novo producións xa cunha certa traxectoria nos escenarios, e mesmo recoñecidas nos últimos premios MarÃa Casares, caso de Elisa e Marcela e de A galiña azul (que tamén foi premiada no FETEN) compoñen o groso do programa. As novidades fican na súa maior parte confinadas ao formato pitching, con excepcións como Patapatúm, segunda función do novo espectáculo de Elefante Elegante, a recente Gaia de Entremáns ou Plastic, que sobe a escena por segunda vez logo de se estrear en Ourense. Destaca tamén SofÃa e as postsocráticas, de Inversa Teatro que xa se anunciou como unha das funcións destacadas do vindeiro Culturgal e que promete seguir a estela do exitoso Té con Kant.
Experimentacións
As producións que se poderán ver na vindeira temporada evidencian o interese pola experimentación nas compañÃas do paÃs. A mestura de xéneros como danza, teatro e tÃteres está presente en varias producións que rachan xéneros, asà como o emprego de soportes audiovisuais sobre o escenario. A tendencia detéctase de xeito particular nas producións máis recentes presentes no evento, na súa maiorÃa en formato pitching. Entre as propostas neste sentido, pódese mencionar o In Between de Mikel ArÃstegui, que propón unha parte interactiva co público que remata na rúa. Destaca tamén a mestura de holografÃas e bonecos a escala real que representan a Platón, Aristóteles e Sócrates en SofÃa e as postsocráticas. Pistacatro amosa o seu interese por explorar novos formatos en Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena, que presentan como unha obra de Teatro-Circo baixo dirección de Quico Cadaval. Tamén Traspediante, que conta nesta ocasión con dúas propostas no programa, dá un paso innovador coa produción, en colaboración con Duelirium de Alma (non é hippie) que se presenta como "primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia". Involución de Alfredo MuÃño pola súa banda, achega unha mestura de teatro, danza e tÃteres, mentres Liberto integra a música ao vivo no escenario e Gaia bota man do audiovisual na súa posta en escena.
A feira pois, bota a andar a amosar unha escena variada e viva, con propostas de diversos xéneros e achegada a actualidade da nosa sociedade. Queda agora que os programadores fagan a súa selección para sabermos en grande medida o que poderemos ver nas salas do paÃs a partir do vindeiro outono.