Rosario Álvarez, única candidata a presidir o Consello da Cultura Galega

A votación realizarase o vindeiro xoves

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Onte finalizou o prazo de presentación de candidaturas para a Presidencia do Consello da Cultura Galega. A única candidatura presentada é a da catedrática da USC Rosario Álvarez, actual vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. O pleno das votacións realizarase o vindeiro xoves 31 de maio pola tarde. A lei do Consello da Cultura Galega limita a dous mandatos de catro anos a Presidencia do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, USC

Claves

Protagonistas