Novas obras abordan a figura de María Victoria Moreno

A USC e La Voz de Galicia presentaron as súas publicacións sobre a autora

16/5/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2018
31 lecturas | Compartido 0 veces

Xesús Alonso Montero é o autor de María Victoria Moreno. A proeza da súa vida e da súa literatura o volume co que o xornal La Voz de Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Na obra, o antigo presidente da RAG e amigo da homenaxeada fai un percorrido pola súa vida e obra en dez capítulos e achega ademais unha cronoloxía, notas bibliográficas e un índice onomástico. A sede da Real Academia Galega acolleu onte a presentación do traballo, que se poderá adquirir mañá, Día das Letras, canda ao xornal.
Pola súa banda a Universidade de Santiago de Compostela presenta esta mesma mañá no Pazo de Fonseca María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia a obra coa que aborda a autora homenaxeada. Nesta ocasión trátase dun volume colectivo coordinado por Blanca-Ana Roig Rechou no que de novo Alonso Montero canda a Marcelino Agís, Xavier Senín, Mar Fernández Vázquez, María del Carmen Franco, Ánxela Gracián, Marta Neira, María Xesús Nogueira, Verónica Pousada, Armando Requeixo e Isabel Soto abordan diferentes aspectos da vida e da produción da autora. A fraseoloxía e as imaxes nas obras da autora, o seu labor como editora ou a literatura para público adulto son algúns dos temas que se abordan na obra.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego