O documental do Concello de Pontevedra sobre María Victoria Moreno chega á rede

O IES Torrente Ballester achega testemuños sobre a autora no seu propio audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Galega por amor

Fotograma de Galega por amor

Logo da súa presentación pública o pasado 27 de abril, a rede acolle desde o pasado 3 de maio o documental íntegro María Victoria Moreno, galega por amor. O filme de 40 minutos, producido polo Concello de Pontevedra, percorre a vida e a obra da homenaxeada no Día das Letras Galegas e amosa o seu vencello coa cidade da man de amizades como Fina Casalderrey, Xavier Senín, Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado ou Francisco Castro.

En paralelo, o IES Torrente Ballester, onde foi profesora a autora homenaxeada, quixo lembrala co seu propio audiovisual. A Vídeo-homenaxe a Mª Victoria Moreno recolle testemuños de profesores e alumnos e achegan unha visión próxima da autora no ámbito educativo.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Documental, Concello de Pontevedra, Xesús Alonso Montero...