O filme Trinta Lumes obtén un novo galardón en Barcelona

Matria de Álvaro Gago foi recoñecida no festival Indie Lisboa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival Internacional de Cinema d'Autor de Barcelona, que finalizou o pasado seis de maio, outorgoulle o o seu premio da crítica á produción galega Trinta Lumes de Diana Toucedo. Ignasi Franch, Daniel Jiménez Pulido e Daniel Pérez Pamies, membros do xurado, destacaron "o seu diálogo entre o cine fantástico e o documental, conxurando pantasmas e capturando formas de vida en perigo de extinción".

En paralelo, Álvaro Gago sumou ao palmarés do seu filme Matria o premio á mellor ficción de curtas no IndieLisboa. A produción galega fíxose co Prémio Turismo de Macau para Melhor Ficção e o xurado destacou que se trata dun proxecto "rápido e sólido na sua forma e consegue refletir a situação sócio-política da actual Galiza. Matria é um filme de ficção mas respira como um documentário, devido ao ambiente em que foi filmado e produzido".

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Cine, Matria, Álvaro Gago...