Nos anos 2017 e 2018 Álvaro Gago sorprendía coa súa curtametraxe 'Matria', coa que gañou o premio do Xurado do Festival de Cinema de Sundance, o galardón á mellor curtametraxe española da Semana Internacional de Cine (Seminci) de Valladolid e outros sesenta galardóns por todo o mundo. Agora o realizador ven de comezar a rodaxe en diferentes localizacións da provincia de Pontevedra da que será a súa primeira longametraxe, para a que colle como base xustamente a historia de 'Matria' levando a cabo unha pouco habitual evolución de formato sobre a mesma sinopse.
'Matria' contaba a historia de Ramona, unha traballadora dunha fábrica de conservas que atopa refuxio á dureza da súa vida cotiá e do seu matrimonio na súa filla e na súa neta. Na cinta orixinal o reparto estaba integrado por actrices sen experiencia previa e protagonizado por Francisca Iglesias Bouzón, en cuxa vida se baseaba o director. A película afonda na historia desta personaxe principal da devandita curta e que na longametraxe é interpretada pola actriz María Vázquez. Segundo explica a produtora, a protagonista vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible ata que coñece a Xosé, co que constrúe unha inusual e esperanzadora amizade.
A longametraxe chega á súa rodaxe despois de ser un dos proxectos seleccionados polo mercado de coproducións da Berlinale e polo Mediterranean Film Institut, ademais de participar no TIFF Filmmarket Lab de Toronto e en La Incubadora da Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid (ECAM). Así mesmo, o seu director foi recentemente elixido como unha das Spain Stars of Tomorrow pola revista especializada Screen International.