A domus do Mitreo de Lugo abre de novo as súas portas

O museo foi reformado e ampliado para esta nova xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Desde onte a Domus do Mitreo, o emblemático espazo arqueolóxico lugués que agora xestiona directamente a Universidade de Santiago de Compostela, volve abrir as súas portas. Nesta nova etapa, o horario ampliarase para estar abertos de martes a domingo e o primeiro mércores do mes o acceso será gratuíto. O museo está estruturado en tres niveis, ocupando 700 metros cadrados e, segundo a USC, "constitúe un exemplo excepcional da historia urbana da cidade de Lugo". O centro acolle os restos dunha vivenda altoimperial e o seu elemento máis destacado é un espazo sacro dedicado ao deus oriental Mitra, un dos mellor conservados do occidente europeo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Domus, Lugo, Deus, USC...