Dez autores visitarán o oitavo festival PontePoética

Pontevedra acolle o evento entre o 20 e o 22 de abril

13/4/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Manuel Rivas, Elías Portela, Filipa Leal e María Xosé Queizán serán o encargados de abrir, o vindeiro 20 de abril, a oitava edición de PontePoética, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra. Con eles, un total de dez poetas participan nun programa que se desenvolve ata o día 22, con actividades centradas no Teatro Prinicipal da Cidade. Míriam Ferradáns, Keith Payne, Aurélia Lassaque, Itxaro Borda, Dolors Miquel e Juan Carlos Mestre completan o elenco desta edición na que, ademais de recitais, haberá tamén encontros con alumnos de diferentes institutos, unha proxección de videopoesía e o espectáculo Poemas dun traidor, a cargo de Elías Portela.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Poesía, Manuel Rivas, María Xosé Queizán...