A Mesa e as Redes Escarlatas denuncian a ocultación da orixe galega da película de Antón Reixa

O lapis escribe o debate

2/5/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A versión orixinal da novela de Manolo Rivas é “O lapis do carpinteiro” (Xerais). E este feito é o que desatou as críticas do colectivo socio-cultural “As Redes Escarlata” que denuncian a oculatación da orixe galega da acaba de estrear opera prima de Antón Reixa “O lapis do carpinteiro” ao facer referencia a que é unha adaptación da traducción editada por Alfaguara (“El lápiz del carpintero”). Ademais, a Mesa acaba de unirse á protesta do colectivo Escarlata e e advertiu que de non distribuíren alomenos unha copia en galego en todas as vilas nas que se exhibe a día de hoxe realizará “ao seu pesar” actos de protesta.

Máis información no web de A Mesa e no web das Redes Escarlata

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redes Escarlata, Antón Reixa, Manolo Rivas

Claves

Protagonistas
Entidades