As Redes Escarlata organizan un acto poético nunha aldea abandonada de Lóuzara

REacción poética

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lecturas de poemas e performances nunha aldea abandonada constitúen a proposta que fai o colectivo cultural Redes Escarlata para esta fin de semana. A aldea de Santalla Vella, no Val do Lóuzara, acollerá a palabra de Antón Dobao, Chus Pato, Brais González, Darío Xohán Cabana ou Anxo Angueira entre outros poetas. A proposta enmárcase no proxecto REacción, que xa levara a varios membros deste colectivo a unha “Acción de Amor” en Compostela o pasado catorce de febreiro.

Máis información en Galicia Hoxe; no web das Redes Escarlata e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redes Escarlata, Darío Xohán Cabana, Antón Dobao, Anxo Angueira...