As Redes Escarlata apoian aos traballadores de Castromil cun libro de poesía colectivo

As redes soben ao bus

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O conflito laboral polo que están a pasar desde hai meses os traballadores da empresa de autobuses Castromil motivou a intervención poética das Redes Escarlata coa publicación dun libro colectivo de apoio ás súas reivindicacións laborais. En total son quince os poetas cuxas obras aparecen neste volume editado coa colaboración do sindicato maioritario na empresa, a Central Unitaria dos Traballadores. Quen lea o libro atopará nomes coñecidos como o de Darío Xohán Cabana, Chus Pato, Alberte Momán, Xabier Cordal ou a colaboradora de Culturagalega.org, Elvira Riveiro. Os traballadores de Castromil distribuirán o libro entre os viaxeiros do autobús.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redes Escarlata, Poesía, Xabier Cordal, Alberte Momán...