Este mércores 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, a Real Academia Galega dedicaralle esdta efeméride a Xohana Torres. A escritora e académica de número, falecida o pasado mes de setembro, será recordada nun acto literario e musical, a partir das 19:30, no que poetas de distintas xeracións e amizades da autora lerán e comentarán desde unha perspectiva persoal fragmentos da súa obra. Guadi Galego e Guillerme Fernández poranlle música a esta homenaxe. As intervencións e os textos escolmados serán recollidos nun volume de homenaxe a quen foi unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra. A xornalista e poeta Ana Romaní (Noia, 1962) é xa desde o pasado sábado académica numeraria electa da RAG ocupando a vacante de Xohana Torres. Na mesma xuntanza do Pleno da Academia foi elixida académica correspondente a lingüista Carme Pazos.
Tamara Andrés, Xosé Manuel Beiras, Berta Dávila, Xosé Luís Franco Grande, Margarita Ledo, Carlos Negro, Ánxeles Penas, Luz Pozo Garza, Ismael Ramos, Ánxela G. Abalo, Gustavo Pernas e Euloxio R. Ruibal recitarán e comentarán no acto do vindeiro día 21, anacos de obras de Xohana Torres, desde versos de Do sulco -o seu primeiro poemario, publicado en 1957- e un fragmento da obra teatral Da outra banda do Iberr (gañadora do Premio Castelao en 1966) ata poemas de Estacións ao mar (Premio da crítica española en 1981) e Tempo de ría (1992).